Santo André de Teixido contará cun punto de información turística durante o verán 2025
Punto de información turística e visitas guiadas ao santuario
5/30/2025
Este verán Santo André de Teixido contará cun punto de información turística e atención ao visitante (1 de xuño ao 15 de setembro) dende o que tamén se recollerán estadísticas dos visitantes e seguir a traballar na intelixencia turística do destino. Cada día de apertura, realizarase unha visita guiada a un prezo reducido de 2€ (co-financiada polo Concello de Cedeira).
Esta iniciativa demostra o interese do municipio por mellorar a calidade turística e proporcionar un bo servizo de acollida aos visitantes que chegan a Cedeira e ao Xeoparque do Cabo Ortegal.
Para máis información é posible contactar a través de eufundevivo@gmail.com ou a través do Instagram @eufundevivo
Unha acción promovida por Cedeira Turismo.
Eu fun de vivo! Eu fun de viva!


