Santo André de Teixido amosa a súa identidade artesá e Pet Friendly en Fitur 2025
O santuario estivo presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid a través do guía Sergio Muíño e as artesanía de miga de pan nun territorio Pet Friendly.
2/11/2025
Outro ano más que o proxecto EUFUNDEVIVO acude a FITUR - Madrid, unha das feiras en turismo máis importantes do mundo. Nesta edición tivemos a sorte de volver a sair na gran pantalla do stand de Turismo de Galicia, coa campaña Pet Friendly da Mancomunidade de Ferrolterra. Por supost, amosando Santo André de Teixido e o seu patrimonio máis valioso para aquelas persoas que gozar das súas viaxes e da cultura en compañía das súas mascotas.
Tamén estivemos presentes na presentación do Xeoparque do Cabo Ortegal con outros territorios que pertencen a esta rede mundial da UNESCO. Asimesmo, quixemos ampliar as nosas fronteiras máis alá do Atlántico coñecendo ao equipo do ministerio de Turismo de Ecuador para tratar a vinculación que temos ambos países coas artesanías de miga de pan.
Seguimos traballando, aprendendo, investigando e facendo territorio.
Eu fun de vivo! Eu fun de viva!



