FORO DOS VIVOS: Obradoiro de San Andresiños | Sábado 12 setembro - 15:30h
Porto do Cabo (Valdoviño)
€0.01
O IV Foro dos Vivos é un espazo para poñer en valor os oficios do territorio, neste caso a elaboración de artesanía de miga de pan da man de Rosa, unha artesá local de Santo André de Teixido. Durante esta actividade será posible coñecer máis desta centenaria artesanía e modelar as vosas propias pezas, seguindo as formas tradicionais.
«Vai de morto quen non foi de vivo»
Explicación por artesana local
Materiais para a actividade
- Moitas ganas de aprender e de descubrir a artesanía e os oficios nos Camiños de Santo André
Política de cancelacións e non presentación
Estas actividades teñen non teñen custo para os participantes xa que se atopa dentro do programa do IV Foro dos Vivos, organizado por Deputación da Coruña. Co fin de garantir o bo desenvolvemento das actividades e permitir que outras persoas poidan ocupar prazas dispoñibles, establécese a seguinte política:
O feito de reservar unha destas actividades e non acudir, sen un motivo debidamente xustificado a valorar pola organización ou cancelación dentro dos tempos indicados pode ocasionar que non se permitar participar en futuras propostas realizadas por esta organización.
_
Consultas: destinocedeira@gmail.com
www.eufundevivo.com
Reservas directamente a través desta web: www.eufundevivo.com | Se queres saber máis ou tes dificultades para reservar consúltanos a través deste número de Whatsapp: 660 05 8348 ( dispoñible de luns a venres de 10:00 a 14:00h) ou no email destinocedeira@gmail.com
Experiencias financiadas pola Deputación da Coruña, e coordinadas por www.eufundevivo.com e Asociación de Veciños de Porto do Cabo.
