Romería a pé dende Cedeira + Visita guiada en Santo André de Teixido | 30 novembro 2026 - 09:00h
DÍA DE SANTO ANDRÉ
€0.01
O próximo día 30 de novembro iremos de romería a Santo André de Teixido dende Cedeira. O día de Santo André é unha ocasión especial para achegarse a este gran santuario dos galegos e das galegas. Iremos acompañados dun guía local para facer máis intuitivo este percorrido que seguiron tantas veces os romeiros da vila.
Unha vez en Santo André, chegaremos con tempo para ir á misa e facer unha pequena visita guiada ao lugar
As inscricións serán gratuitas e con prazas limitadas.
O regreso será por libre. Recomendación de coches compartidos ou taxi para o regreso a Cedeira cando se desexe.
Guía acompañante durante a ruta.
Visita guiada en Santo André de Teixido.
- Calzado cómodo e seguro
- Roupa cómoda para a meteoroloxía, cortaventos, bastóns de camiñar (se precisa)
- Levar agua e algo para picar durante a ruta (snack, froita,etc)
Política de cancelacións e non presentación
Estas actividades teñen non teñen custo para os participantes xa que se atopan financiadas polo Concello de Cedeira.
O feito de reservar unha destas actividades e non acudir, sen un motivo debidamente xustificado a valorar pola organización ou cancelación dentro dos tempos indicados pode ocasionar que non se permitar participar en futuras propostas realizadas por esta organización.
_
Consultas: destinocedeira@gmail.com
www.eufundevivo.com
Reservas directamente a través desta web: www.eufundevivo.com | Se queres saber máis ou tes dificultades para reservar consúltanos a través deste número de Whatsapp: 660 05 8348 ( dispoñible de luns a venres de 10:00 a 14:00h)
Experiencias financiadas polo Deputación da Coruña, e coordinadas por www.eufundevivo.com e Asociación de Veciños de Porto do Cabo.
