UN Tourism e a Universitat de Barcelona premian o proxecto de «Eu fun de vivo»

A Organización Mundial do Turismo e a Universitat de Barcelona premian o proxecto de San Andrés de Teixido nos Premios Alimara 2025

4/21/2025

San Andrés de Teixido estivo presente en Barcelona, nos Premios Alimara, cun recoñecemento da man do CETT - UB Formació i Recerca en Hoteleria, Turisme i Gastronomia (da Universitat de Barcelona) e ONU Turismo (Organización Mundial do Turismo). O noso lugar, a nosa artesanía, a nosa xente, a nosa identidade... ¡Todas elas aquí representadas! Estamos moi agradecidos de poder vivir esta experiencia e seguimos no camiño, como todo romeiro, pasiño a pasiño. Podedes ter ben claro de que causou gran interese o noso proxecto, a nosa artesanía e tamén o noso territorio.

Eu fun de vivo! Eu fun de viva!