FORO DOS VIVOS: Obradoiro de Cerámica | Sábado 12 setembro - 15:30h

Porto do Cabo (Valdoviño)

€0.01

O IV Foro dos Vivos é un espazo para poñer en valor os oficios do territorio, neste caso a elaboración de cerámica de Porto do Cabo (Valdoviño). Martina , de Mai Cerámica, será a encargada de guiar este obradoiro no que explicará as claves para este traballo artesán e no que os participantes teredes a oportunidade de confeccionar as vosas propias pezas.

Prazas limitadas.  

«Vai de morto quen non foi de vivo»

  • Explicación por artesana local

  • Materiais para a actividade

- Moitas ganas de aprender e de descubrir a artesanía e os oficios nos Camiños de Santo André

Política de cancelacións e non presentación

Estas actividades teñen non teñen custo para os participantes xa que se atopa dentro do programa do IV Foro dos Vivos, organizado por Deputación da Coruña. Co fin de garantir o bo desenvolvemento das actividades e permitir que outras persoas poidan ocupar prazas dispoñibles, establécese a seguinte política:

O feito de reservar unha destas actividades e non acudir, sen un motivo debidamente xustificado a valorar pola organización ou cancelación dentro dos tempos indicados pode ocasionar que non se permitar participar en futuras propostas realizadas por esta organización.
_

Consultas: destinocedeira@gmail.com
www.eufundevivo.com

Reservas directamente a través desta web: www.eufundevivo.com  |  Se queres saber máis ou tes dificultades para reservar consúltanos a través deste número de Whatsapp: 660 05 8348 ( dispoñible de luns a venres de 10:00 a 14:00h) ou no email destinocedeira@gmail.com

Experiencias financiadas pola Deputación da Coruña, e coordinadas por www.eufundevivo.com e Asociación de Veciños de Porto do Cabo.