Mención honorífica para a tese sobre Santo André de Teixido en SOCANTUR 2025

O V Congreso Internacional de Socioloxía e Antropoloxía do Turismo 2025 recoñece o traballo do investigador Sergio Muíño sobre Santo André de Teixido

6/22/2025

O investigador Sergio Muíño Freire recibe unha mención honorífica pola súa tese de doutoramento sobre Santo André de Teixido, no eido do V Congreso Internacional de Socioloxía e Antropoloxía do Turismo 2025 (SOCANTUR). Un recoñecemento que pon de manifesto a importancia dos estudos en turismo e o campo de estudo centrado neste santuario de peregrinación tan relevante para Galicia.

Neste evento tamén se realizou unha comunicación sobre o perfil do visitante centrado no seu cambio espiritual. Unha liña de traballo que se conecta co cambio funcional da aldea e o aumento na chegada de excursionistas. 

Eu fun de vivo! Eu fun de viva!