FORO DOS VIVOS: Andaina a Santo André de Teixido dende Porto do Cabo | Domingo 13 setembro - 09:00h
Andaina dende Porto do Cabo
€0.01
O IV Foro dos Vivos nos leva a facer unha peregrinación dende Porto do Cabo ata Santo André de Teixido, o domingo 13 de setembro de 2026. Unha experiencia para percorrer os antigos camiños de peregrinación ao santuario dos galegos, nunha andaina popular dende o territorio.
As inscricións serán limitadas e contarase cun autobús de regreso ata o punto de inicio en Porto do Cabo (Cedeira - Valdoviño). Farase unha parada na parada de autobuses de Cedeira (glorieta) ao regreso.
Guía acompañante durante a ruta.
Asistencia telefónica durante o percorrido.
Autobús de regreso para as persoas inscritas e confirmadas.
Visita guiada en Santo André de Teixido.
- Calzado cómodo e seguro
- Roupa cómoda para a meteoroloxía, cortaventos, bastóns de camiñar (se precisa)
- Levar agua e algo para picar durante a ruta (snack, froita,etc)
Política de cancelacións e non presentación
Estas actividades teñen non teñen custo para os participantes xa que se atopa dentro do programa do IV Foro dos Vivos, organizado por Deputación da Coruña. Co fin de garantir o bo desenvolvemento das actividades e permitir que outras persoas poidan ocupar prazas dispoñibles, establécese a seguinte política:
O feito de reservar unha destas actividades e non acudir, sen un motivo debidamente xustificado a valorar pola organización ou cancelación dentro dos tempos indicados pode ocasionar que non se permitar participar en futuras propostas realizadas por esta organización.
_
Consultas: destinocedeira@gmail.com
www.eufundevivo.com
Reservas directamente a través desta web: www.eufundevivo.com | Se queres saber máis ou tes dificultades para reservar consúltanos a través deste número de Whatsapp: 660 05 8348 ( dispoñible de luns a venres de 10:00 a 14:00h)
Experiencias financiadas polo Deputación da Coruña, e coordinadas por www.eufundevivo.com e Asociación de Veciños de Porto do Cabo.
