Irmandamento entre Galicia e Escocia polos Camiños de Santo André

Un vínculo entre Galicia e Escocia por Santo André de Teixido que se firma en Edimburgo

4/12/2026

Galicia e Escocia: unidas polo mesmo horizonte

Hai territorios que, aínda estando separados polo mar, comparten unha mesma forma de entender o mundo. Galicia e Escocia son dous deles, unidos pola paisaxe atlántica, a tradición e a espiritualidade arredor de San Andrés. Desde Eu fun de vivo impulsamos un hermanamento que nace desta conexión real, creando unha ponte cultural entre dous territorios que comparten camiños con significado. Non é algo simbólico, senón unha oportunidade para colaborar, intercambiar e poñer en valor o que nos une.

O San Andrés de Teixido é moito máis ca un destino. É un lugar de tradición viva, onde cada costume, cada relato e cada xesto forman parte dun legado que chegou ata hoxe. Traballar arredor deste camiño implica responsabilidade: dar a coñecer sen perder a esencia, e coidar unha identidade que non se pode substituír.

Este vínculo con Escocia reforza a importancia de conservar o propio para poder compartilo. O Camiño de San Andrés segue vivo porque mantén a súa autenticidade. E ese é o verdadeiro valor: continuar o camiño, respectando sempre o que foi.

Eu fun de vivo! Eu fun de viva!