A comunidade local do Camiño de Santo André reúnese nunha mesa de traballo

O pasado venres 21 de febreiro déronse cita en Valdoviño representantes da comunidade local do Camiño de Santo André.

2/24/2025

O II Foro dos Vivos marcou un punto de inflexión na coordinación entre os actores sociais do Camiño de Santo André. Este pasado venres 21 de febreiro realizouse unha mesa de traballo para aproximarse a unha diagnose da situación actual deste recurso, e a percepción das comunidades locais. 

Ademais, realizáronse máis de 35 enquisas para obter un maior detalle da situación a través de información cualitativa aportada por asociacións, empresas, veciñanza, persoal investigador e proxectos vencellados ao Camiño de Santo André. Dende aquí abrimos as portas a todas aquelas persoas que queiran sumarse ao desenvolvemento do noso territorio, xa que seguro que dende o seu punto de vista teñen moito que aportar neste camiño. 

Eu fun de vivo! Eu fun de viva!